Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
O diario Sermos Galiza publica hoxe a seguinte nova referente ao Proxecto Nomes e Voces: 'Fernández Prieto alerta da posíbel desaparición do proxecto Nomes e Voces'
Julio Prada Rodriguez -profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo- foi entrevistado por Radio Euskadi con motivo da súa coordinación do traballo de investigación: "Franquismo y represión de género en Galicia" (Catarata, 2013) xunto a expertos das universidades de Ourense e Santiago para recordar a represión de xénero en Galicia duranteo franquismo.
A pesares da dificultade de lograr escapar en pleno conflito, aproximadamente 100.000 xudeus lograron chegar a Portugal.
O xornal Público contactou co Proxecto 'Nomes e Voces' para interesarse polo asalto ao buque 'El as' na Costa da Morte fuxindo da Guerra Civil. Alejandro Torrús falou co investigador Andrés Domínguez Almansa sobre este feito.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.