Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
Mesa Redonda dentro do Programa do Festigal
Ánxela Bugallo fixo fincapé en que a investigación que están a levar a cabo as tres universidades
galedas, dirixidas polo catedrático Lourenzo Fernández Prieto, continuará para clarexar todo os crimes
acontecidos do 1936 ao 1977. (...)
Dentro da programación, o Xoves 29 ás 20h.: Presentación do programa Interuniversitario de Investigación "As vítimas: nomes, voces e lugares", dirixido por Lourenzo Fernández Prieto.
"Moita xente opina que non se deben "abrir feridas", pero máis que abrilas trátase de pechalas: non
podemos negar o pasado, e para poder pechar o tema teriamos que abrilo primeiro. So poderemos
enterrar o pasado cando teñamos falado del. Porque estudamos a colonización americana ou a chegada
do ferrocarril e non sabemos o que aconteceu na guerra? A democracia ten a obriga de recuperar esa
parte do pasado "incómodo".
Lourenzo Fernández Prieto
A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia revisará 20 arquivos militares e civís para o censo de represaliados.
Para elo, unha comisión de once historiadores investigará 25.000 causas xudiciais e realizará 300 entrevistas (...)
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.