Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
Desde o proxecto Nomes e Voces queremos informar que, deste o venres día 28 de xuño o Proxecto Nomes e voces co que xenerosamente colaborou a cidadanía, desaparece na súa forma actual despois de 7 anos e 1 mes de traballo.
Lourenzo Fernández Prieto foi un dos historiadores galegos que participaron no seminario 'Migracións e memoria histórica' celebrado no CCG en Santiago de Compostela. Nestas xornadas, coordinadas por Antonio Izquierdo e Ramón Villares, historiadores e profesionais especializados na materia, destacaron que a aplicación da lei da memoria histórica está "paralizada" e critican que a falta de financiación impide que se poda cumplir o que promulga.
La hibernación de la memoria histórica, La Opinión A Coruña
O exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, lamentou “a caída no olvido das políticas públicas impulsadas pola Lei da Memoria Histórica”, culturagalega.org
A principios do mes de outubro de 2011, Ayse Berktay, autora e tradutora de obras históricas e activista da muller en Turquía, foi detida como parte dunha ofensiva que relaciona o ilegalizado partido legal para a paz e a democracia (BDP)
A investigadora nixerina Zeinabou Hamidou Leyo, adscrita á Dirección Nacional do Empoderamento Económico da Muller (DAEF) visita hoxe o Proxecto Nomes e Voces para coñecer in situ o traballo que o equipo de investigadores ten realizado sobre a represión da muller en Galicia entre 1936 e 1939.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.