Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Inauguración da exposición "Aviadores da República"

Inauguración da exposición "Aviadores da República"

Esta exposición, realizada en colaboración coa USC e a Fundación AENA, poderá visitarse durante todo o mes de novembro.

Gardado en Exposicións 3 de novembro de 2011 | sen comentarios

Inauguración da mostra 'Galicia nas ondas', no Verbum de Vigo

Inauguración da mostra 'Galicia nas ondas', no Verbum de Vigo

O vindeiro mércores, día 4 de maio, ás 20,00 h, inaugúrase no Museo Verbum- Casa das Palabras de Vigo a exposición de radio en Galicia na que o Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces' colaborou co préstamo documental. Así, o equipo de Investigación puxo ao servizo do comisario o material gráfico e sonoro preciso para documentar o periodo referente á represión franquista, proporcionando diferentes entrevistas realizadas a represaliados e familiares de represaliados, así como distintas imaxes que conforman os fondos oral e documental do Proxecto.

O acto inaugural contará coa presenza do Tenente de Alcalde de Vigo, Santiago Domínguez Olveira e o Concelleiro Delegado da Área de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López Carreira.

Gardado en Exposicións 2 de maio de 2011 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia