Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

I Congresso Anual Internacional de História Contemporânea

I Congresso Anual Internacional de História Contemporânea

O I Congresso Anual Internacional de História Contemporânea dedícase á presentación de estudos nos campos da historia contemporánea. O Congreso reúne intervencións proferidas por conferencistas convidados e a presentación de comunicacións. A conferencia inaugural será pronunciada por Eduardo Lourenço (São Pedro de Rio Seco, Almeida-Guarda, 1923), profesor universitario, filósofo e intelectual portugués. 

Os ponentes convidados son: Fernando Catroga, Fernando Rosas, Hipólito de la Torre Gómez, Joaquim Romero de Magalhaes, Luis Reis Torgal, Miriam Halpern Pereira e Norberto Cunha.

Gardado en Congresos 18 de maio de 2012 | sen comentarios

A represión franquista exercida sobre os portugueses en Galicia, a debate na Tufts University in Medford de Massachusetts

A represión franquista exercida sobre os portugueses en Galicia, a debate na Tufts University in Medford de Massachusetts

Lourenzo Fernández Prieto e Dionísio Pereira participan estes días no Congreso: "43rd Annual Conference of the Association for spanish and portuguese studies" celebrado na Tufts University in Medford de Massachusetts.

Gardado en Congresos 20 de marzo de 2012 | sen comentarios

Congreso Internacional sociedades en cambio: España y Portugal en los años setenta

Congreso Internacional sociedades en cambio: España y Portugal en los años setenta

Organizado polo Centre d’Estudis sobre les Èpoques Franquista i Democràtica da Universitat Autònoma de Barcelona (CEFID-UAB) e o Instituto de História Contemporânea de la Universidade Nova de Lisboa (IHC-UNL), os días 15 e 16 de novembro de 2012.

Gardado en Congresos 14 de novembro de 2011 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez