Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Nomes e Voces falará sobre a Xeografía da represión en Galicia no MARCO de Vigo

Nomes e Voces falará sobre a Xeografía da represión en Galicia no MARCO de Vigo

Hoxe martes 28 de febreiro ás 19.30 horas, o Proxecto Interuniversitario ‘Nomes e Voces’ falará no MARCO (Príncipe 54, Vigo) sobre a Xeografía da represión en Galicia, entre os anos 1936 e 1939. Esta conferencia ten a súa orixe na publicación dun monográfico sobre este tema en nomesevoces.net.

Este esecial sobre a Xeografía da represión en Galicia foi elaborado polo Investigador e Coordinador do Proxecto ‘Nomes e Voces’, Dionisio Pereira, e desenvólvese no marco do Convenio de  Colaboración co Ministerio de Xustiza do Goberno de España, polo que o Proxecto ‘Nomes e Voces’ comprometeuse a entregar a dito Ministerio toda a información relativa á xeografía da represión no territorio galego delimitada no período 1936-1939.

Participarán na conferencia Lourenzo Fernández Prieto, Dionisio Pereira e Chus Martínez Domínguez.

Entrar no Especial  'Xeografía da represión en Galicia'

Gardado en Conferencias 13 de febreiro de 2012 | sen comentarios

O Profesor de Economía Luciano Concheiro cos alumnos de Historia da USC

O Profesor de Economía Luciano Concheiro cos alumnos de Historia da USC

O Catedrático e Investigador Luciano Concheiro (Universidad Autónoma Metropolitana-UAM, Ciudad de Mexico), estará en Compostela a partires da vindeira semana para participar en diferentes actividades organizadas desde o Departamento de Historia Contemporánea e de América.

Gardado en Conferencias 14 de decembro de 2011 | sen comentarios

Conferencia de José María López Maz, Catedrático de arqueoloxía na Universidad de la República (Montevideo)

 O vindeiro luns día 21 ás 19.00 horas, na sala de profesores da Facultade de XªeHª, José María López Mazz, Catedrático de arqueoloxía na Universidad de la República, Montevideo, impartirá a conferencia "Arqueología de la violencia en America Latina, desde la Prehistoria a la actualidad", 

 O acto está organizado polo Departamento de Historia I.

Gardado en Conferencias 18 de novembro de 2011 | sen comentarios

Conferencia "O Sáhara Occidental e a desatención das Nacións Unidas, hoxe"

Conferencia "O Sáhara Occidental e a desatención das Nacións Unidas, hoxe"

O acto está organizado polo Observatorio Galego para o Sáhara Occidental, Departamento de Historia Contemporánea e de América e Comisión Cultural da Facultade de Xeografía e Historia.

Gardado en Conferencias 10 de novembro de 2011 | sen comentarios

O Profesor Carlos Closa debate sobre a memoria na USC

O Profesor Carlos Closa debate sobre a memoria na USC

 Entre as actividades que realizará durante a súa estadía en Compostela, destaca a conferencia que impartirá na Facultade de Xeografía e Historia, baixo o título de: "Demandas de recoñecemento: a UE e a memoria histórica".

Gardado en Conferencias 8 de setembro de 2011 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez