Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Audio da conferencia de José Luis Díaz Gómez

Audio da conferencia de José Luis Díaz Gómez

Xa se pode escoitar (e/ou descargar) a conferencia "Vida e asasinato do médico republicano d'O Inicio: a lembranza individual, o imaxinario rexional e a memoria histórica" que dispensou o profesor da UNAM, José Luis Díaz Gómez, dentro do ciclo "Pasados incómodos: Guerra, Memoria e Historia” o pasado martes día 23 na  Facultade de Xeografía e Historia.

Gardado en Conferencias 25 de setembro de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Guerra civil, Franquismo, Represión

Unha conferencia Díaz Gómez inaugura a segunda edición do Ciclo "Pasados incómodos: Guerra, Memoria e Historia

Unha conferencia Díaz Gómez inaugura a segunda edición do Ciclo "Pasados incómodos: Guerra, Memoria e Historia

O profesor José Luis Díaz Gómez, investigador titular do Departamento de Historia e Filosofía da Medicina, UNAM e membro da Academia Mexicana de la Lengua, inaugura o próximo martes 23 de setembro, o Máster de Historia Contemporánea cunha conferencia titulada Vida e asasinato do médico republicano d'O Inicio: a lembranza individual, o imaxinario rexional e a memoria histórica, coa que se inicia igualmente a segunda edición do Ciclo "Pasados incómodos: Guerra, Memoria e Historia”. A conferencia será na aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia ás 12 horas.

Gardado en Conferencias 15 de setembro de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Guerra civil, Investigación, Historia, Represión

Audio da conferencia de Xermán Labrador

Audio da conferencia de Xermán Labrador

Xa está dispoñible para ser escoitado e/ou descargado na canle Nomes e Voces de Ivvox, a conferencia que o pasado 12 de xuño deu o profesor da Universidade de Princenton, Xermán Labrador, co título Historia por defecto. Os límites político-morais das narrativas de memoria histórica. A conferencia fai parte do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» que vén desenvolvendo o grupo Histagra desde o pasado mes de febreiro.

Gardado en Conferencias 17 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia

19 de xuño; Conferencia de Jesús Izquierdo: «La presencia de lo ausente en el posfranquismo»

19 de xuño; Conferencia de Jesús Izquierdo: «La presencia de lo ausente en el posfranquismo»

O próximo xoves 19 de xuño, ás 12 da maña na aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia, o profesor Jesús Izquierdo Martín ofrecerá unha conferencia titulada La presencia de lo ausente en el posfranquismo: pacto denegativo y control institucional de la memoria de la Guerra Civil. A conferencia fai parte do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» que organiza Histagra.

Gardado en Conferencias 16 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Ditadura, Historia, Historia de España

Audio da conferencia de Anxo Loureiro

Audio da conferencia de Anxo Loureiro

Na canle Nomes e Voces de Ivoox xa se pode escoitar e/ou descargar o audio da conferencia «Memoria da historia, historia da memoria», que o profesor do Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures da Princeton University Anxo Loureiro deu o pasado 20 de maio dentro do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia».

Gardado en Conferencias 14 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia, Historia de España
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez