Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
Esta actividade está organizada polo Grupo HISTAGRA.

Hoxe martes 28 de febreiro ás 19.30 horas, o Proxecto Interuniversitario ‘Nomes e Voces’ falará no MARCO (Príncipe 54, Vigo) sobre a Xeografía da represión en Galicia, entre os anos 1936 e 1939. Esta conferencia ten a súa orixe na publicación dun monográfico sobre este tema en nomesevoces.net.
Este esecial sobre a Xeografía da represión en Galicia foi elaborado polo Investigador e Coordinador do Proxecto ‘Nomes e Voces’, Dionisio Pereira, e desenvólvese no marco do Convenio de Colaboración co Ministerio de Xustiza do Goberno de España, polo que o Proxecto ‘Nomes e Voces’ comprometeuse a entregar a dito Ministerio toda a información relativa á xeografía da represión no territorio galego delimitada no período 1936-1939.
Participarán na conferencia Lourenzo Fernández Prieto, Dionisio Pereira e Chus Martínez Domínguez.

O Catedrático e Investigador Luciano Concheiro (Universidad Autónoma Metropolitana-UAM, Ciudad de Mexico), estará en Compostela a partires da vindeira semana para participar en diferentes actividades organizadas desde o Departamento de Historia Contemporánea e de América.
O vindeiro luns día 21 ás 19.00 horas, na sala de profesores da Facultade de XªeHª, José María López Mazz, Catedrático de arqueoloxía na Universidad de la República, Montevideo, impartirá a conferencia "Arqueología de la violencia en America Latina, desde la Prehistoria a la actualidad",
O acto está organizado polo Departamento de Historia I.

O acto está organizado polo Observatorio Galego para o Sáhara Occidental, Departamento de Historia Contemporánea e de América e Comisión Cultural da Facultade de Xeografía e Historia.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.