Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Galicia lidera a investigación sobre a memoria histórica a nivel estatal

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou en Compostela o Encontro de grupos de investigación `Historia e memoria’ como "un recoñecemento" ao labor desenvolvido a prol da memoria en Galicia. Con esta iniciativa, Galicia lidera a investigación sobre a memoria histórica ao reunir por primeira vez a grupos de todo o Estado.

A titular do departamento inaugurou estas xornadas xunto ao investigador do proxecto `As vítimas, os nomes e as voces’, Lourenzo Fernández Prieto, e o coordinador do encontro, Emilio Grandío Seoane. Durante a súa intervención, Ánxela Bugallo subliñou os avances

que se produciron neste eido dende "o cambio político", cando a Consellería mostrou o seu compromiso a prol da recuperación da memoria como "un elemento de xustiza necesaria". Nese momento decidiron que "esta sería unhas das liñas centrais do seu traballo" coa

que se pretendían "conseguir unha certa coordinación entre as institucións, os investigadores e as asociación da memoria".

Gardado en Noticias 16 de xullo de 2007 | sen comentarios

Hoxe comeza na facultade de Historia un encontro sobre a represión franquista con expertos como E. Grandío, Dionisio Pereira ou Santiago Macías

Hoxe comeza na facultade de Historia un encontro sobre a represión franquista con expertos como E. Grandío, Dionisio Pereira ou Santiago Macías

Hoxe comeza o Encontro de grupos de investigación: Memoria e Historia, unhas xornadas organizadas polo proxecto de investigación interuniversitario As vítimas, os nomes e as voces. Este encontro estenderase ata o mércores e nel participarán diferentes grupos e especialistas no Franquismo, na represión e na recuperación da memoria histórica.

(..)

Gardado en Noticias 16 de xullo de 2007 | sen comentarios

14.000 galegos foron xulgados polos tribunais franquistas

Máis de 14.000 galegos pasaron pola xustiza militar franquista entre 1936 e 1939, según explicou onte a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, durante a súa comparecencia voluntaria no Parlamento para facer balance do Ano da Memoria 2006. E a primeira extrapolación oficial do proxecto de investigación das tres universidades As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.

O estudio do arquivo militar de Ferrol recolle 2.595 causas de Terra abertas a 7.227 galegos.

Os historiadores estiman a cifra de 14.000 a partires das que podería haber en Marina. Como sinala Emilio Grandío, coordinador do proxecto As vítimas na provincia de A Coruña, “estamos na primeira fase”. “A maior parte das sentencias en A Coruña son sobreseimientos nos que o encausado pasaba a disposición do delegado de Orden Público. Moitísimos sobreseimientos agochan paseos”.

No que respecta ó debate político, a bronca instalouse no Parlamento cando o portavoz de Cultura do PP, Ignacio López-Chaves, insistiu en trazar analoxías entre o programa do Ano da Memoria e o de A Cultura Circula.

“Aquí para algúns seguimos como fai 70 anos”, replicou Bugallo, que desglosou o presuposto do Ano da Memoria —900.000 euros— e acusou ao conselleiro de Cultura vigués de “falta de respeto ás vítimas”.

Cando a conselleira esixíu a López-Chaves que aclarase a posición do seu partido a respecto da aparición de símbolos franquistas en actos públicos, éste aludiu á “queima de bandeiras”.

“Despois dun mitin do BNG en 1984 queimouse unha bandeira española, así que non falen de bandeiras. Algúns compartían mítins con Idígoras”.

Gardado en Noticias 22 de marzo de 2007 | sen comentarios

As pegadas da Guerra Civil

El País, 12 de marzo de 2007.

“¿Por qué non falamos dunha vez de xenocidio e dereitos humáns?”, preguntase Lourenzo Fernández Prieto, coordinador do proxecto trianual As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.

(...)

Para ordenar o posible, Cultura aportou 150.000 euros para o proxecto na estela do Ano da Memoria. Xulio Prada, María Jesús Souto, Emilio Grandío e Dionisio Pereira responsabilizanse de compilar fontes en Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra, mentras Xurxo Pantaleón coordina a recollida de fontes orais.

A idea é construir unha base de datos cos nomes das vítimas da represión e un fondo de entrevistas [xa se dispón de máis de 250 gravacións de máis de tres horas cada unha, ademáis de outras 400 do fondo oral da USC], e localizar e identificar os lugares da represión.

A futura base de datos da Guerra Civil en Galicia presentarase este ano. As entrevistas, que seguirán o seu curso, axudarán a estudar as razóns, a tipoloxía e a disparidad da represión.

O arquivo final ubicarase probablemente na Cidade da Cultura.

(...)

Gardado en Noticias 12 de marzo de 2007 | sen comentarios

Conmemoración do ANO DA MEMORIA no salón de actos do Ateneo

O Ateneo de Madrid e a Asociación de Mulleres Galegas no Exterior Rosalía de Castro convidan a vostede á conmemoración do ANO DA MEMORIA que se celebrará no salón de actos do Ateneo o vindeiro día 13 de decembro ás 21 horas, baixo o patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Proxectarase o documental Aillados e contaremos coa presenza do seu director, D. Antón Caeiro e  Dna Mª Victoria Villaverde Otero. Escritora, represaliada polo franquismo.

Presentacion en Madrid do Proxecto “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares” polo seu coordenador xeral D. Lourenzo Fernández Prieto, vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela

Gardado en Noticias 5 de decembro de 2006 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez