Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN ´A ILLA DA MEMORIA (1936-1943)´

Xa é posible visualizar o catálogo da exposición "A Illa da Memoria. A represión no cárcere da Illa de San Simón (1936-1943)".

Lembremos que durante os primeiros meses da Guerra os edificios de San Simón foron acondicionados para funcionar baixo o eufemismo de colonia penitenciaria, ainda que na realidade era un campo de concentración para os prisioneiros de guerra. Esta foi a función que desempeñou a partir de 1936 e ata o ano 1943, albergando fundamentalmente presos das zonas próximas de Galiza pero tamén un importante continxente de presos vascos e asturianos.

Se vostede quere visualizar o catálogo, faga click na ligazón que lle propoñemos:

O Catálogo en Imaxes >>

| 19 de febreiro de 2007

REMATOU A MÁIS IMPORTANTE MOSTRA SOBRE FRANQUISMO E LOITA DEMOCRÁTICA EN GALIZA

· “Memorial da Liberdade” reuniu testemuños e todo tipo de material orixinal, parte do cal se amosa por primeira vez en Galiza.

· Gran parte dos visitantes amosaron a súa sorpresa ao coñeceren a realidade da represión da ditadura.

Rematou o 31 de xaneiro a meirande exposición sobre a represión franquista e a resistencia democrática en Galiza, Memorial da Liberdade. Desde a súa inauguración o día 3 de novembro preto de 8.000 persoas acudiron ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, para coñeceren as historias e os obxectos que ilustran parte da historia de Galiza de 1936 a 1977. Este evento forma parte das actividades do Ano da Memoria, que organizou a Consellaría de Cultura e Deporte durante o 2006 para homenaxear e dar a coñecer as vítimas do franquismo.

Á mostra acudiron numerosas visitas en grupo, que contaron cunha guía especializada facilitada pola Consellaría de Cultura. Entre estas visitas destacan 42 centros de ensino secundario de todo o país. Para moitas das persoas visitantes, a exposición supuxo o primeiro achegamento á magnitude da represión coa que se instauraron os golpistas.

Coñecer os casos de fusilamentos, torturas e encarceramentos que utilizaron os militares franquistas para dobregar as resistencias da sociedade civil foi, para moitos visitantes, unha sorpresa, e máis cando todo iso sucedeu nas vilas e cidades nas que agora viven.

Obras nunca expostas

O material da exposición incluía testemuños biográficos, debuxos carcerarios, derradeiras cartas dos condenados a morte e o ronsel de fusilados e paseados. Aí figuran tamén a denuncia de pintores coma Castelao, Federico Ribas, Manuel Colmeiro ou Luís Seoane, dos que se ofrecen, nalgún caso, obras nunca expostas.

O mundo das cadeas está reflectido a través dos traballos de artistas como Benito Prieto Coussent no cárcere de Tui, de Camilo Díaz Baliño na cadea de Santiago de Compostela ou de Mario Granell e Jorge Tell na prisión da Coruña. Tamén memorias manuscritas e diarios se suman a esta exposición que recolle igualmente a obra artística e de combate de artistas galegos que loitaron no exército da República.

| 8 de febreiro de 2007

Emisión do filme documental ´O Barco da Memoria´ no exterior

Despois da súa presenza na Televisión de Galicia o pasado 27 de xaneiro, o filme documental "O Barco da Memoria", emitirase vía satélite e a través de Internet o vindeiro sábado, 17 de febreiro.

A emisión para Portugal e Inglaterra realizarase na Rede e mediante os satélites Astra e Eutelsat, ás 17:30 (unha hora menos nestes países), mentras que en Estados Unidos e Arxentina poderá ollarse vía satélite ás 16:30 (10:30 hora local) e 18:30 (14:30 hora local).

Ficha Técnica e Sinopse >>

Emisión en Europa >>

Emisión en América >>

| 5 de febreiro de 2007

A Televisión de Galicia emite o vindeiro sábado, ás 15:42 horas, o filme documental ´O Barco da Memoria´

Despois da estrea do filme, que tivo lugar o luns 8 de xaneiro na Biblioteca Pública de Pontevedra durante o acto de abertura da exposición "Os Mártires do Mar, a represión franquista contra os mariñeiros galegos", chega o momento para todos aqueles que non tiveron aínda a oportunidade de visitar a exposición.

O vindeiro sábado 27 de xaneiro, ás 15:42 h. da tarde, a Televisión de Galicia (TVG) emitirá no seu espazo "Galicia documental" o filme "O Barco da Memoria", unha produción da propia TVG e de Saga TV que conta coa colaboración da Consellería de Cultura.

O filme constitúe a versión audiovisual da exposición coordenada por Dionisio Pereira.

Máis Información >>

| 25 de xaneiro de 2007

Preséntase en Pontevedra o proxecto documental ´A derradeira lección do mestre´

A capital pontevedresa acolle a presentación do proxecto-documental do estradense Xoán Carlos Garrido "A derradeira lección do mestre", unha das curtametraxes que recibiron subvención na convocatoria audiovisual do Ano da Memoria da Consellería de Cultura e Deporte.

No evento, que terá lugar no Teatro Principal o venres 26 de xaneiro ás 8 e media da tarde, intervirán o Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, D. Luís Bará, a Concelleira de Cultura de Pontevedra, Dna. Mª Xesús López Escudeiro e o autor do proxecto, Xoán Carlos Garrido.

| 24 de xaneiro de 2007
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez