Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

Ciclos de palestras públicas do período 2011-2012

A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12

Palestra

O vindeiro dia 20 de Marzo, martes, ás 8 do serán o escritor, Artur Alonso Novelhe, falará dentro do ciclo “Língua, Literatura e Naçom”,  coa exposición titulada “Galiza no contexto mundial”. O acto celebrarase na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 – Cidade Vella – A Coruña. Artur Alonso é escritor e funcionario do Servizo Galego de Saúde (SERGAS); na súa mocidade participou en asociacións culturais e de traballo social como “Meendinho”, de solidariedade como “COSAL” (Comité de Solidariedade con América Latina), e deportivas como “Arranjar”. Como escritor e poeta ten publicado tres libros “Entre os teus olhos”, “Uma meixela depois a outra” e “Filhos da Brêtema”, o mais recente en edición bilingüe galega e catalá. Así como o libro colectivo “Dez x Dez” da editorial Abrente. Foi gañador do XVIII Premio de Poesía “Feliciano Rolán”, no ano 2004, e Mención especial no XXVI Premio Mundial da Poesía Nosside, do ano 2010. Participou en numerosos certames poéticos da nosa terra e do norte de Portugal; é membro do Club dos Poetas Vivos, onde ten participado en numerosos recitais poético musicais. Colabora con xornais e revistas dixitais, onde publica artigos de opinión de diversa temática política, lingüística e cultural. No ano 2010 participou no III Congreso Internacioal de Estudos Celtas, coa palestra: “Galiza: ponte das relaçoes culturais atlânticas” É membro numerario da AGLP ( Academia Galega da Língua Portuguesa) e Secretario do IGEC (Instituto Galego de Estudos Celtas). Dia: 20 de Marzo- Hora: 8 do seránLocal: R. Academia GalegaR/ Tabernas nº 11- Cidade Vella – A Coruña 

Agrupación Cultural O Facho | 20 de marzo de 2012

VII Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica de Carral

A Asociación Cultural "Cultura Aberta de Carral" (A Coruña), organiza as VII Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica que comezaran o vindeiro xoves día 24 de novembro e rematarán o sábado 26 deste mesmo mes.

Baixo o título "A política penitenciaria do franquismo", contamos cos mellores especialistas e con persoas aínda vivas que foron presos do franquismo, ademais de proxectar a película documental "Aillados" de Antón Caeiro.

Asociación Cultural "Cultura Aberta" | 22 de novembro de 2011

Homenaxe ao Deputado republicano Luis Barrena no 75 aniversario do seu asesiñato.

 O próximo DOMINGO, 21 DE AGOSTO, áS 12.30 da mañá, xunto ao monumento ás vítimas do franquismo en O Freixo-Outes, a ACC TERRA DE OUTES organiza un acto de homenaxe ao Deputado republicano Luis Barrena no 75 aniversario do seu asesiñato.  Aínda que ata agora non confirmaron asistencia, cursouselle invitación para intervir no acto a Dª Marisol Barrena, filla do deputado asesiñado, D. Xoán Carlos Garrido, da /Iniciativa Galega pola Memoria Histórica/, D.Francisco Jorquera, deputado no Congreso en representación do BNG e D. José Bono, presidente do Congreso dos Deputados. Rógaselle a todas as persoas que poidan asistir que leven margaridas, hortensias, rosas ou calqueira outro tipo de frores para render homenaxe á memoria de todos os que sacrificaron a súa vida pola libertade. Xoán X. Mariño Presidente da ACC Terra de Outes

Asociación Terra de Outes | 5 de setembro de 2011

Acto de inauguración do 'Monumento Memorial de Liberdade' en Cangas

A Asociación Memoria Histórica '28 de agosto' de Cangas, organiza o acto de inauguración do 'Monumento Memorial de Liberdade' o vindeiro sábado, día 9 de abril de 2011, ás 18.00 horas, na Praza do Concello de Cangas.  Este monumento ten sido sufragado por subscrición popular, e consiste nunha peza escultórica formada por unha prancha de aceiro corten de 8mm de espesor de 150 x 200 cm, apoiada sobre peanas de pedra granítica tipo país de 50 x 26 x 20 cm. Compositivamente ostenta unha ilustración de pombas, símbolo da liberdade, de autoria de Antonio Nores Soliño, xunto aos versos do poeta Claudio Rodríguez Fer:

“ Que o llibre voo das pombas da paz
erga para sempre a memoria solidaria
das xentes xustas que o deron todo
pola libertade e a xustiza.”
Na parte inferior, referencia a quen está adicado o monumento e a reseña de que esta obra foi
sufragada por subscrición popular.
“En lembranza das libertades e vítimas da represión”

Ao redor deste evento articúlanse diferentes actividades:

Sábado 9:

ACTO DE INAUGURACIÓN
Praza do Concello – fronte á Casa do Concello de Cangas
Sábado 9 de abril 2011 - 18 horas
Música e Palabra pola Liberdade – Solta de Pombas
Participación de representantes do mundo das artes e das letras. Coa colaboración de entidades
sociais e culturais do noso Concello e de toda a xeografía galega.

Xoves 14:

DIA DA REPÚBLICA

19.30 h.- Concentración na Praza da Constitución
Camiño da Liberdade
19.55 h.- Lectura da Proclama da II República
20 h.- Casa da Xuventude – Antiga Casa do Concello
Charla – Colóquio: “Memória histórica da II República”
EMILIO GRANDÍO SEOANE – Profesor de Historia Contemporánea na USC e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces'

21.45 h.- CEA de Confraternidade republicana

ciclos de palestras públicas do período 2010-11

A Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2010-11

 Palestra

O vindouro dia 8 de Fevereiro, terça-feira (martes), o escritor e historiador, Adolfo de Abel Vilela falará dentro do ciclo, Economia, História e C.C. Sociais, sobre “Lucus Agusti, a muralha e sua relevância milita

Adolfo de Abel Vilela cursou estudos técnicos e humanísticos em Lugo, Santiago de Compostela e Madrid.

Ademais doutras titulaçons é Licenciado em Geografia e Historia na especialidade de Arte Moderna e Contemporânea, doutor em Geografia e Historia e académico correspondente da Real Academia da Historia. Tem publicados 22 livros, cinco dedicados à muralha de Lugo. Também colaborou noutros 13 livros, e publicados mais de 500 artigos.

Dia: 8 de Fevereiro 2011

Hora: 8 do serám – Fundaçom Caixa Galiza Cantom Grande – A Corunha                                                             

J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d’O Facho

Agrupación Cultural O Facho | 7 de febreiro de 2011
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez