Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

Palestras públicas do período 2011-12 da Agrupación Cultural O Facho de A Coruña

A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12

Palestra

O vindeiro dia 24 de Abril, martes, ás 8 do serán o profesor titular da Escola Politécnica Superior-USC, Bernardo Valdês Paços, falará dentro do ciclo “Língua, Literatura e Naçom”,  coa exposición titulada “A agricultura galega e a Unión Europea”. O acto celebrarase na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 – Cidade Vella – A Coruña.

Bernardo Valdês é profesor da Escola Politécnica na área de economía, socioloxía e política agraria; autor de diversas publicacións sobre a agricultura galega, a regulación do mercado de produtos lácteos e a política agraria común, e tamén sobre o proceso de construción da UE.    

| 19 de abril

14 de abril xantar republicano levadalibre

Levada Libre, como todo os anos no 14 de abril,  ven organizando un xantar de cofraternidade republicán.

Este ano que celebramos o bincentenario da Constitución de Cadiz de 1812 que marcou un fito democrático naquela Europa de primeros do S. XIX, non debemos esquecernos, unha vez máis, que en 1931 tivemos a Constitución máis avanzada, democrática, de esquerda e Republicana.Fieles a este ideario, queremos ter, este 14 abril, un recordo especial a modo de homenaxe, á primeira Comisión Xestora republicana de Tui, presidida por D. Benito Fonterosa dende un 27 de abril de 1931.  Adxuntamos os carteis cos actos a celebrar.  Parador S. Telmo de Tui 13:30 h.    CATA DE VIÑOS DA TURONIA (Ribeiro,Condado, Baixo Miño)                  Dirixida polos sumilleres de gran prestixio:  Marina de Viñoteca de García e Antonio Portela.

PREZO :25 €. p/persona.

| 4 de abril

Ciclos de palestras públicas do período 2011-2012

A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña convídao a asistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12

Palestra

O vindeiro dia 20 de Marzo, martes, ás 8 do serán o escritor, Artur Alonso Novelhe, falará dentro do ciclo “Língua, Literatura e Naçom”,  coa exposición titulada “Galiza no contexto mundial”. O acto celebrarase na R. Academia Galega, Rúa Tabernas n. 11 – Cidade Vella – A Coruña. Artur Alonso é escritor e funcionario do Servizo Galego de Saúde (SERGAS); na súa mocidade participou en asociacións culturais e de traballo social como “Meendinho”, de solidariedade como “COSAL” (Comité de Solidariedade con América Latina), e deportivas como “Arranjar”. Como escritor e poeta ten publicado tres libros “Entre os teus olhos”, “Uma meixela depois a outra” e “Filhos da Brêtema”, o mais recente en edición bilingüe galega e catalá. Así como o libro colectivo “Dez x Dez” da editorial Abrente. Foi gañador do XVIII Premio de Poesía “Feliciano Rolán”, no ano 2004, e Mención especial no XXVI Premio Mundial da Poesía Nosside, do ano 2010. Participou en numerosos certames poéticos da nosa terra e do norte de Portugal; é membro do Club dos Poetas Vivos, onde ten participado en numerosos recitais poético musicais. Colabora con xornais e revistas dixitais, onde publica artigos de opinión de diversa temática política, lingüística e cultural. No ano 2010 participou no III Congreso Internacioal de Estudos Celtas, coa palestra: “Galiza: ponte das relaçoes culturais atlânticas” É membro numerario da AGLP ( Academia Galega da Língua Portuguesa) e Secretario do IGEC (Instituto Galego de Estudos Celtas). Dia: 20 de Marzo- Hora: 8 do seránLocal: R. Academia GalegaR/ Tabernas nº 11- Cidade Vella – A Coruña 

VII Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica de Carral

A Asociación Cultural "Cultura Aberta de Carral" (A Coruña), organiza as VII Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica que comezaran o vindeiro xoves día 24 de novembro e rematarán o sábado 26 deste mesmo mes.

Baixo o título "A política penitenciaria do franquismo", contamos cos mellores especialistas e con persoas aínda vivas que foron presos do franquismo, ademais de proxectar a película documental "Aillados" de Antón Caeiro.

Asociación Cultural "Cultura Aberta" | 22 de novembro de 2011

Homenaxe ao Deputado republicano Luis Barrena no 75 aniversario do seu asesiñato.

 O próximo DOMINGO, 21 DE AGOSTO, áS 12.30 da mañá, xunto ao monumento ás vítimas do franquismo en O Freixo-Outes, a ACC TERRA DE OUTES organiza un acto de homenaxe ao Deputado republicano Luis Barrena no 75 aniversario do seu asesiñato.  Aínda que ata agora non confirmaron asistencia, cursouselle invitación para intervir no acto a Dª Marisol Barrena, filla do deputado asesiñado, D. Xoán Carlos Garrido, da /Iniciativa Galega pola Memoria Histórica/, D.Francisco Jorquera, deputado no Congreso en representación do BNG e D. José Bono, presidente do Congreso dos Deputados. Rógaselle a todas as persoas que poidan asistir que leven margaridas, hortensias, rosas ou calqueira outro tipo de frores para render homenaxe á memoria de todos os que sacrificaron a súa vida pola libertade. Xoán X. Mariño Presidente da ACC Terra de Outes

Asociación Terra de Outes | 5 de setembro de 2011
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia