Levada Libre

Levada Libre

Asociación en constitución, para a recuperación e promoción da memoria radicada en Tui.

Nace a raiz da xuntanza que organizan cada 30 de outubro na alameda, para lembrar e recuperar a memoria dos veciños tudenses e da súa comarca que foron vilmente fusilados, paseados, reprimidos, represaliados e desterrados nos tristes acontecementos acaecidos na cidade de Tui no verán do 1936.

"Levada libre” fixo a súa presentación pública o día 9 de abril de 2008 e asinou os seguintes fins principais:

A liberdade das ideas e a súa defensa

A reconciliación nun fin común da Paz

A recuperación da memoria histórica

A defensa dos principios democráticos é o estado de dereito

Nun apartado do seu ideario, afirma que: “Levada libre mana con espírito curioso, lonxe dos encoros que pretendan deter o curso de seu caudal. En parte do seu regueiro descorren os feitos que acontenceron noutros tempos e constitúen a historia, os costumes e a cultura do pobo de Tui. Maila todo, o rego de Levada libre procura tamén o futuro, e con esta intención, avanza con forza abrindo novos carreiros polos que transiten as xeracións vindeiras facilitando que co tempo formen parte do seu caudal. E nunca, nunca, esquezan o que pasou, naquel xulio daquel maldito ano. Desde a Reconciliación e o perdón, as víctimas andarán con nós, cos nosos fillos, cos nosos netos…….”

Manuel Vázquez de la Cruz, Julián Bravo Jaso e Manuel Vicente Fernández Rodríguez

E-mail:

Email: levadalibre@gmail.com

 

Noticias desta asociación

Recuperación da Memoria Histórica

Recuperación da Memoria Histórica

Os vindeiros días 29 e 30 de outubro celebránrase en Tui as xornadas de “Recuperación da Memoria Histórica"

As xornadas están organizadas polo colectivo Levada libre para lembrar e recuperar a memoria dos veciños tudenses e da comarca, que foron fusilados, paseados, reprimidos, represaliados e desterrados nos tristes acontecementos acaecidos na cidade de Tui no verán do 1936.

O programa das xornadas é o que segue:

Mércores 29:

19.00 h: Presentación das xornadas no Museo do Concello de Tui, en San Domingo.

19.10 h: Actuación do grupo de corda Tudense “Xorima"

19.25 h: Conferencia-coloquio a cargo de Alberto Estévez Piña "Breve historia de la guerra civil en Tui”

20.15 h: Proxección do documental “Memorial de Camposancos”, de José Ballesta de Diego

Xoves 30:

19.00 h: Actuación do cantautor Pedro Roman no Museo do Concello de Tui, en San Domingo

19.15 h: Presentación do "Proxecto de Investigación Interuniversitario “As Vítimas, os nomes, as voces e os lugares”

20.15 h: mesa redonda-coloquio

20.45 h: Actuación do canta autor Pedro Roman

21.00 h: Proxección do documental “Unha historia galega”

21.30 h: lectura de poemas e ofrenda floral no monumento “dos represaliados do 36”, na alameda de Tui. Clausura das xornadas

23 de outubro de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez