Instituto de Estudos Miñoranos

Instituto de Estudos Miñoranos

O Instituto de Estudios Miñoranos (IEM) fixase como obxectivos:

• Divulgar a cultura e, en xeral, todo o referente ó patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc. dos tres concellos do Val Miñor.

• Promover a realización de estudios do todo tipo sobre os ámbitos sinalados.

• Impulsar calquera actividade encamiñada a divulgación destes aspectos.

• Fomentar a conservación e respecto polo patrimonio miñorano como un ben económico e cultural actual.

O Instituto de Estudios Miñoranos (IEM) basease nos seguintes postulados:

• Non se configura, nin pretende selo, como un Instituto oficial, senón como unha expresión independente emanada da sociedade miñorana.

• Está ó servicio do conxunto da sociedade, sen exclusións, propiciando desde posicións de independencia o consenso das diversas forzas sociais, culturais económicas e políticas a prol do eixe principal da súa actuación: o estudio, divulgación e protección do patrimonio.

• Nunha perspectiva decididamente humanista e universalista en ningún caso esquecerá a atención debida á salvagarda e promoción da nosa identidade, o noso idioma e a nosa cultura entendendo o realidade miñorana como integrada nun ámbito xeral da sociedade galega.

• Carácter pluridisciplinar, indispensable para abranguer as liñas de actuación que nos permitan acadar os obxectivos fixados.

Carlos Méixome Quinteiro, director do Instituto de Estudos Miñoranos
Xosé Lois Vilar Pedreira, director da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos

Enderezo: Apartado 30, 36380, Gondomar

Teléfono(s): 986 36 08 25 e 680 644 490

E-mail: direccion@minhor.org
Pax. Web: http://www.minhor.org/

Email: direccion@minhor.org

Páxina web: http://www.minhor.org

 

Noticias desta asociación

Homenaxe aos mestres e mestras represaliados polo franquismo no Val Miñor

O vindeiro venres, día 21 de novembro ás 20:30 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo) terá lugar un acto en homenaxe aos mestres da República, represaliados polo franquismo no Val Miñor.

O acto consistirá nunha conferencia impartida polo director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome Quinteiro, denominada "A represión franquista sobre o maxisterio miñorán".

Dita conferencia, ademais de repasar todos os casos de mestras e mestres represaliados, centrarase especialmente nos casos de Benito Ramallo Gómez, mestre na Escola de Nenos nº 1 de Baiona; de José Vázquez Grela, mestre de Nigrán asesinado nas Angustias o 12 de setembro de 1936, do matrimonio

formado por José Cribeiro González e Juliana Concepción Gómez Martín,

mestre e mestra de Donas respectivamente, e en Victoriano Taibo, mestre de Morgadáns.

Tras a ponencia, farase un recoñecemento público aos mestres e mestras represaliados, que contará coa presenza de María Luz, Priscila e María Blanca Cribeiro Gómez fillas de José Cribeiro González e Concepción Gómez Martín, así como as súas netas e bisnetas e tamén diversos alumnos e

alumnas. Tamén contaremos coa presenza de Gloria Taibo, filla de Victoriano Taibo, mestre de Morgadáns acompañada polos seus familiares.

O acto aberto ao público en xeral pretende ser un sinxelo recoñecemento ás "luces da República", a aquela xeración de mestres e mestras que impulsaron co seu traballo a ilustración dos sectores populares e que a

reacción militar e fascista converteu en centro das súas persecucións.

O acto será presentado por Pilar Barreiro, da Xunta de Goberno do IEM.

Tamén se poderá visitar a exposición "Antón Alonso Ríos. O siñor Afranio" na que se fai un delongado repaso da vida deste deputado agrarista que substituiría a Castelao na Presidencia do Consello de Galicia no exilio

americano.

20 de novembro de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez