Fundación Luís Tilve

Fundación Luís Tilve

A Fundación “Luis Tilve” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991).

A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral da UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el.

Son obxectivos da Fundación:

- Fomentar o coñecemento e espallamento da cultura sindical.

- Organiza-lo arquivo histórico e documental da UGT de Galicia, así como a súa Biblioteca, facilitando información, sobre o particular, a membros do sindicato, estudantes e investigadores.

- Axudar ó estudio e a investigación da historia dos sindicatos, en particular da UGT-Galicia, así como do sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe.

- Colaborar coas súas publicacións nos debates de actualidade no ámbito social e económico, principalmente en todo o que poda afectar a clase traballadora.

- Contribuír á formación dos responsables e dirixentes sindicais para favorece-lo mellor cumprimento das súas responsabilidades específicas.

- Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora.

- Fomentar o estudio e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas, xurídicas e económicas para o mellor cumprimento dos fins salientados.

Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra.

Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia:

a) Organizar cursos, conferencias, congresos, simposios, coloquios e sesións de estudio e investigación entorno a temas e problemas sociais, industriais, económicos, sindicais, políticos e culturais.

b) Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda crase de publicacións que se orienten á información, formación e divulgación de temas relacionados cos movementos sociais e o mundo laboral, sindical, cultural, industrial ou económico, así como a realización de exposicións monográficas relacionadas cos mesmos.

c) Organizar, clasificar e catalogar os fondos documentais e bibliográficos da UGT, así como outros que poida ir recibindo a Fundación, tales como de partidos políticos, outros sindicatos, movementos sociais, etc. Coa finalidade de servir ao estudio da historia de Galicia, aos investigadores, aos estudantes e aos cidadáns en xeral; mantendo e conservando co maior coidado dita documentación segundo as regras da arquivística e da biblioteconomía.

d) Manter contactos e intercambios de todo tipo (publicacións, exposicións, catálogos, actividades, etc.) con outros arquivos, fundacións e institucións, especialmente coa Fundación Largo Caballero.

Presidente: Xesús Mosquera Sueiro

Secretario: Roxelio Pérez Poza

Tesoureira: Rosa Arcos Caamaño

Vocais: José Antonio Gómez Gómez e
Juan Ramón Pais Andrade

Enderezo:
Avda. Cruceiro de A Coruña, 22-baixo
15891 – Santiago de Compostela.

Teléfono(s): 981 58 54 90 | Fax. 981 56 68 30

E-mail: fluistilve@hotmail.com
ó flt89@telefonica.net

Email: fluistilve@hotmail.com

 

Noticias desta asociación

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez