Fundación 10 de marzo

Fundación 10 de marzo

A "Fundación 10 de Marzo" é unha fundación cultural promovida polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia ao abeiro da Lei de Fundacións de Interese Galego. Foi constituída en Santiago de Compostela o 25 de xuño de 1991. Un dos obxectivos fundamentais da Fundación é o de recuperar a historia dos movementos sociais e políticos de Galicia nos anos do franquismo, tarefa para a que se constituíu o Arquivo Histórico de Comisións Obreiras, que ten, ademais, as seguintes funcións:

1.- A recompilación de documentación relacionada co mundo do traballo e, particularmente, co Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia dende as súas orixes; 2.- A formación dun fondo bibliográfico e hemerográfico complementario; 3.- A recuperación da memoria histórica contemporánea de Galicia; 4.- A creación dun centro de documentación e estudio sobre o tema para facilitar o estudio dos especialistas; 5.- Divulga a cultura sindical.

Presidente: Manuel Villares Creo

Director da Área de Estudos Socio-Económicos: Emilio Crespo Correa

Director da Área de Historia: Víctor Manuel Santidrián Arias

Enderezo:
Polígono do Tambre; Vía Pasteur 45 B
15890 Santiago de Compostela

Teléfonos:
981574082; 628361183

E-mail: f10m.sn@galicia.ccoo.es
Pax. Web: www.galicia.ccoo.es/f10m

Email: f10m.sn@galicia.ccoo.es

Páxina web: http://www.galicia.ccoo.es/f10m

 

Noticias desta asociación

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez