Comisión Irmáns Suárez Picallo

Comisión Irmáns Suárez Picallo

A Comisión Irmáns Suárez Picallo é unha Asociación Cultural nacida en

Sada no ano 2007 co fin concreto de organizar un programa de actos para todo o ano 2008, logo de ser declarado institucionalmente polo Concello de Sada como Ano dos Irmáns Suárez Picallo. Así, entre os nosos obxectivos están os de difundir a obra, escrita e vital, de

Ramón, levándoo ao lugar que lle corresponde na memoria colectiva dos

galegos; é tamén dar a coñecer a Xohán Antón, vítima da represión

franquista que aínda non fora axeitadamente rehabilitado. Tamén cabía nas nosas intencións espertar entre os sadenses o interese por estas

dúas figuras, até entón ignoradas polos seus propios veciños.

Son fins principais da asociación:

a.- A recuperación da memoria histórica de sadenses ilustres, que por ser vítimas da represión franquista, as súas vidas, o seu pensamento e as súas obras son escasamente coñecidas, mesmo na terra onde naceron e en moitos casos, viviron. O noso punto de partida serán os irmáns Juan Antonio e Ramón Suárez Picallo.

b.- Promover o seu recoñecemento social e político na sociedade actual.

c.- A organización da homenaxe que para o Ano 2008 promove o Concello

de Sada en honor aos irmáns Suárez Picallo; que culminará coa traída

dos restos mortais de Ramón Suárez Picallo desde o cemiterio da

Chacarita, en Bós Aires (Arxentina) ao cemiterio do Fiunchedo, en Sada

(A Coruña), tal como era o seu desexo.

d.- A investigación da historia destes sadenses, a recopilación da sua

obra e a sua difusión.

e.- A creación de pontes de comunicación e intercambio cultural con aquelas persoas, instituciós e asociaciós dentro de Galiza e nas

comunidades galegas do exterior, con obxetivos similares.

f.- A produción, difusión e distribución de bens, servizos e produtos culturais propios, se fora necesario.

g.- A xestión e conservación do fondo de arquivos, que pasarían a

engrosar, posteriormente, o fondo bibliográfico da biblioteca pública

municipal “Ramón Suárez Picallo” de Sada.

Presidente: Francisco Arturo Pita
Fernández

Vicepresidente: Manuel Pérez Lorenzo

Secretaria: Rexina Basadre Orozco

Tesoureira: Rosario Fraga Martínez

Vocais:

Marisa Naveiro
Xulio Corredoyra
Rosario Vázquez Mourín
Isabel Aldao Losada

Soutovello, 10
Mosteirón
15168 Sada

Teléfonos: 639 24 37 46 - 665 80 15 57

Email: comisionsuarezpicallo@gmail.com

 

Noticias desta asociación

Exposición Irmáns Suárez

16 de xaneiro de 2009
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez