Comisión Cidadá pola Verdade do 36

Comisión Cidadá pola Verdade do 36

A Comisión Cidadá pola Verdade do 36 é unha organización de ámeto comarcal que conta con representantes dos 5 concellos que compoñen a bisbarra do Baixo Miño. Os seus obxectivos fundamentais son: a recuperación da memoria histórica do período franquista, no noso espazo xeográfico, e o recoñecemento público da dignidade individual e colectiva de todas aquelas persoas que padeceron calquera tipo de represión dende 1936.

A Comisión naceu no outono de 1996, en Tui, e dende entón ten realizado un conxunto de actividades entre as que sobrancea a colocación dun monumento na memoria das vítimas, por suscrición popular, na Alameda de Tui. O monumento, obra do escultor galego Silverio Rivas, foi inaugurado o 27 de xuño de 1999.

A Comisión Directiva está formada por 8 persoas que representan aos diferentes concellos e conta cun número estable de colaboradores para o desenvolvemento das súas actividades.

Bieito Alonso Fernández - Portavoz

Camiño Novo 15-D. Ricamonde. 36715 Tui

Teléfonos: 986601424 - 610775380

E-mail: bieitoalonso@edu.xunta.es

Email: bieitoalonso@edu.xunta.es

 

Noticias desta asociación

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez