Asociación Terra de Outes

A Asociación Terra de Outes constitúese para a investigación e recuperación da memoria da guerra civil e da represión franquista no concello de Serra de Outes.

A través dunha intensa actividade cultural e social, lembran e conservan a memoria dos veciños da súa comarca, represaliados a partir do verán do 1936.

Teléfono:
634416574

 

Noticias desta asociación

Homenaxe ao Deputado republicano Luis Barrena no 75 aniversario do seu asesiñato.

 O próximo DOMINGO, 21 DE AGOSTO, áS 12.30 da mañá, xunto ao monumento ás vítimas do franquismo en O Freixo-Outes, a ACC TERRA DE OUTES organiza un acto de homenaxe ao Deputado republicano Luis Barrena no 75 aniversario do seu asesiñato.  Aínda que ata agora non confirmaron asistencia, cursouselle invitación para intervir no acto a Dª Marisol Barrena, filla do deputado asesiñado, D. Xoán Carlos Garrido, da /Iniciativa Galega pola Memoria Histórica/, D.Francisco Jorquera, deputado no Congreso en representación do BNG e D. José Bono, presidente do Congreso dos Deputados. Rógaselle a todas as persoas que poidan asistir que leven margaridas, hortensias, rosas ou calqueira outro tipo de frores para render homenaxe á memoria de todos os que sacrificaron a súa vida pola libertade. Xoán X. Mariño Presidente da ACC Terra de Outes

5 de setembro de 2011

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez