Asociación pola Recuperación Histórica de Marín

Asociación creada para a recuperación da memoria da represión franquista en Marín, homenaxeando e lembrando ás súas vítimas.

 

Noticias desta asociación

Presentación do libro de Carlos Velasco Souto "Franquismo Serôdio e transiçom democrática na Galiza (1960-1981)" na Biblioteca Municipal Vidal Pazos

A Asociación pola a Recuperación da Memoria Histórica de Marín quere convidarvos este vindeiro xoves 27 de decembro, e dentro da semana de actos adicados á lembranza dos executados en Marín na fin de ano do 1936, á presentación do libro de Carlos Velasco Souto "Franquismo Serôdio e transiçom democrática na Galiza (1960-1981)" que terá lugar na Biblioteca Municipal Vidal Pazos ás 20h00. A presentación correrá a cargo de Xosé Álvarez Castro autor do blogue "Pontevedra nos anos do medo".

Aborda-se neste livro a síntese de um período crucial da nossa história recente da perspectiva do câmbio social, mas pondo de relevo tambén as altas doses de continuidade que o caraterizam. Umha continuidade percetível, entre outros indicadores, na pervivência até aos nossos dias das mesmas elites sociais e políticas galegas -quer dizer, da burguesia- outrora beneficiárias da ditadura, cujo modelo de dominaçom se viu reforçado através de um peculiar processo de transiçcom democrática, por elas comandado, de consequências devastadoras para o futuro do país".

Carlos F. Velasco Souto (Tomeza, Pontevedra, 1958) é doutor em Geografia e História pola Universidade de Santiago de Compostela; professor titular de História Contemporánea na Universidade da Corunha e presidente da Asociación Galega de Historiadores (AGH).

Investigador especializado em movimientos sociais da Galiza contemporânea, repressão franquista e memória histórica, é autor de numerosos obras e artigos nesses campos. Entre as suas obras figuram:

A sociedade galega da Restauración na obra literária de Pardo Bazán (1875-1900) (Pontevedra, Gráficas Portela, 1987);

Agitaçons campesinas na Galiza do século XIX (Santiago, Laiovento, 1995);

Labregos Insubmissos(Santiago, Laiovento 2000);

Galiza na II República (Vigo, A Nosa Terra, 2000);

O Agrarismo Galego (Santiago, Laiovento, 2002);

1936 Repressom e Alçamento militar na Galiza (Vigo, A Nosa Terra, 2006);

A represión franquista en Oleiros (1936-1950) (Oleiros, Trifolium, 2008) e

Piñeiro e o piñeirismo em perspectiva histórica (Santiago, Laiovento, 2009).

 
Para máis información premede nas seguintes ligazóns:

http://www.laiovento.com/index2.htm#

http://anosdomedo.blogspot.com.es/

 

 

26 de decembro de 2012

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez