Asociación Cultural Obradoiro de Historia

Esta asociazón é un proxecto que tenta recuperar, estudar e divulgar distintos aspectos sócio-históricos da Comarca de Ordes. A defensa do património histórico, artístico e natural é a reivindicazón principal desta entidade que toma a História como un valor primordial que xustifica a identidade e o espírito do noso país.

Alén disto, traballamos como unha asociazón cultural, e como tal, tentamos tambén despertar o interese pola literatura e pola música realizando diversos actos como as Xornadas Literárias, concertos ou a publicazón periódica de boletins de poesia, diversos cadernos, trípticos, fichas, etc. Estamos constituindo unha biblioteca na que contamos con mais de 1000 exemplares... E, en fin, tentamos criar un espazo de lecer cultural que consideramos necesário na nosa comarca.

Recuperar a memória histórica, a dignidade da Comarca e a soberania do noso País, é a meta dun caminho que xa comezamos a percorrer

Manuel Pazos Gómez
Presidente da A.C. Obradoiro da História
manolopazosg@yahoo.es

Apartado nº 42 (15680 - ORDES) A Coruña
Web: www.manuelpazos.info

Email: ohbirs@teleline.es

Páxina web: http://www.terra.es/personal/ohbirs/

 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez