Asociación Cultural Barbantia

Asociación Cultural Barbantia

"Barbantia" é unha asociación cultural formada por máis de douscentos cincoenta socios: escritores, mariñeiros, pintores, fotógrafos, escultores, amas de casa, estudantes, obreiros, profesores e empresarios, entre outros. Persoas todas que pensan e queren seguir pensando o lugar onde viven.

A razón de ser da Asociación non era outra que intentar cubrir un baleiro cultural na nosa bisbarra, que se complementase con outras iniciativas de carácter cultural, deportivo, asociativo, educativo. Conscientes de que unha comarca co pulo socioeconómico do Barbanza debía ter, en correspondencia, un tecido cultural feito desde e para os cidadáns, á marxe de intereses particulares, profesionais, económicos ou políticos, "Barbantia" arrimouse a unha chea de obxectivos primeiros que, finalmente, foron acadados: Edición dun anuario de Estudos do Barbanza, Encontro de Creadores do Barbanza, Exposición de Pintores do Barbanza, Edición mensual do suplemento A Voz de Barbantia que publicamos con La Voz de Galicia, Creación da Páxina Web (www.barbantia.org), Presentacións de Libros, organización da Semana da Cultura Galega Actual, seminarios, creación da "biblioteca barbantia", proxectos para o Ano da memoria, etc.

Presidente: Antón Riveiro Coello

Enderezo postal:
Centro Social de Boiro
Rúa Principal, 77 4º
15930 Boiro (A Coruña)


Teléfono(s):
981842635

Correo-e:
info@barbantia.org
barbantia@barbantia.org

Web:
www.barbantia.org

Email: info@barbantia.org

Páxina web: http://www.barbantia.org

 

Noticias desta asociación

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez