Asemblea Republicana de Vigo

Asemblea Republicana de Vigo

Os primeiros artigos dos estatutos desta Asociación definena como unha entidade de carácter social e cultural. O alicerce esencial desta asociación é o de potenciar, favorecer, inspirar e organizar calquera tipo de acto ou actividade que teña como fin a divulgación do ideario republicano, reivindicando en todo momento, de xeito público e diante de calquera foro, o seu obxectivo fundamental que é o da proclamación da III República coma canle de unión co republicanismo histórico encarnado na lexitimidade saída da república de Abril do 31.

Para o cumprimento dos seus fins poderá realizar as seguintes actividades:

1.- Dinamizar espacios de encontro.

2.- Organizar e celebrar actividades sociais, culturais, artísticas e, mesmo, de carácter idiolóxico-político que teñan como obxectivo acrecentar, espallar e difundir o sentir e a conciencia republicana .

3.- Organizar conferencias, debates, cursiños, traballos e seminarios encamiñados ao cumprimento dos fins e obxectivos da Asociación.

4.- Elaborar e editar materiais formativos, revistas, folletos e calquera outro tipo de publicación para a difusión das ideas da Asociación.

Presidente: Celso López Pazos
Vicepresidenta: Laura Pérez Duran
Secretario: Pablo Alonso Alcalde
Tesoureiro: Manuel Reinoso Domínguez

Enderezo postal:
Aptdo.3054
36200 Vigo

Teléfonos:
986228998|669677371
Presidente)
986116251|646157254
Secretario)

Correo-e:
asemblearepublicana@hotmail.com

Email: asemblearepublicana@hotmail.com

 

Noticias desta asociación

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez