Agrupación Cultural O Facho

Agrupación Cultural O Facho

A Agrupación Cultural "O Facho" foi constituída no ano 1963 e, pouco antes, constituirase en Santiago de Compostela a Agrupación Cultural "O Galo". Despois fóronse constituíndo a Asociación "Amigos da Cultura", en Pontevedra, a Asociación Cultural de Vigo, a "Ricardo Lanza", en Ribadeo, outra Asociación Cultural en Ribadavia, todas elas como mostra da existenza dun movemento cultural a prol da nosa lingua e cultura como contestación á resistencia frente da cultura uniforme e imperialista do franquismo.

Presidente: Xosé Luis Rodríguez Pardo

Enderezo postal:
Federico Tapia, 12 1ª
15004 A Coruña

Teléfono:
981261482

Correo-e:
o_facho_a_corunha@yahoo.com.br

Email: o_facho_a_corunha@yahoo.com.br

 

Noticias desta asociación

A Asociación Cultural O Facho premia a Xosé Neira Vilas

A Asociación Cultural O Facho premia a Xosé Neira Vilas

A Asociación Cultural O Facho ven de anunciar que entregará o galardón "O Facho de Ouro" 2009 ao escritor Xosé Neira Vilas o vindeiro 31 de xaneiro nunha homenaxe que será celebrada na Coruña.

Dito premio foi creado pola Asociación para homenaxear a galegos e galegas comprometidos coa mesma causa: no 2006 concederonllo a Isaac Díaz Pardo, no 2007 a Avelino Pousa Antelo, e no 2008 déronllo a Francisco Fernández del Riego.

A Asociación Cultural "O Facho" foi constituída no ano 1963 e, pouco antes, constituirase en Santiago de Compostela a Agrupación Cultural "O Galo". Despois fóronse constituíndo a Asociación "Amigos da Cultura", en Pontevedra, a Asociación Cultural de Vigo, a "Ricardo Lanza", en Ribadeo, outra Asociación Cultural en Ribadavia, todas elas como mostra da existenza dun movemento cultural a prol da nosa lingua e cultura como contestación á resistencia frente da cultura uniforme e imperialista do franquismo.

21 de xaneiro de 2009

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez