Adellis. Asociación socio-cultural de Silleda

Adellis. Asociación socio-cultural de Silleda

Adellís naceu en novembro de 1997 coa intención de dinamizar actividades culturais alternativas no Concello de Silleda.

Temos realizado numerosos eventos, musicais, cinematográficos, teatrais, artesanais, deportivos, etc.. Como colectivo tamén social, comprometido coa memoria, entre as nosas reivindicacións máis relevantes atópanse:

- Retirada do rueiro do Concello de Silleda, de todos os nomes e simboloxía franquista e fascista existente: en Silleda, Rúas General Franco e José Antonio, e todas aquelas que gardan tamén certas connotacións co réxime: na Bandeira, Rúas Iryda e Ppo.

- Retirada da simboloxía franquista ao pé das igrexas: p. Ex.: Monolito aos Caídos por Dios y por España, na Igrexa de Silleda, e algunhas outras de varias parroquias do noso Concello.

Un dos nosos obxectivos é a difusión dos aspectos biobibliográficos dos nosos autores locais, entre os que se encontran: Alonso Ríos, Valenzuela Otero, O Pintor Manuel Colmeiro...

- Temos organizado Actos de Homenaxe a diversos represaliados: Castelao no cincuentenario do seu falecemento. Aos políticos e autores locais, Antón Alonso Ríos e Ramón de Valenzuela no seu XXVº cabodano.

- Reedición do xornal “La República” de Silleda (1932)

Conferencia do Guerrilleiro antifranquista “Quico”.

- Edición do cartafol "José María Fernández Colmeiro: Doutor contra o cancro fascista".

Colaboramos coa Comisión pola Memoria “Siñor Afranio”.

 

Noticias desta asociación

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez