01 Dec 2007

Xornadas: Memoria e cidadanía

15,16,17,23,24 de novembro e 1 de decembro de 2007

Museo Pedagóxico de Galiza (MUPEGA).

Santiago de Compostela

Xornadas organizadas pola ASPG "Memoria e cidadanía":

O sábado 17 intervirá Andrés Domínguez Almansa (Proxecto Interuniversitario "As vítimas: nomes, voces e lugares")

A introdución da materia Educación para a Cidadanía no ensino recolle moitos dos temas transversais que deben ser tratados no conxunto das disciplinas e profunda no ensino en valores, facendo fincapé na necesidade de infundir unha cultura democrática nas novas xeracións e a relevancia da defensa dos dereitos humanos e do respecto á diversidade. Neste sentido, un recurso fundamental para o tratamento da loita pola igualdade e a democracia é a propia historia da cal se precisa aprender e recoller a experiencia acumulada, lembrando especialmente o que significou o franquismo na configuración institucional, cultural e política do noso presente.

Matrícula: por orde de inscripción cubrindo a ficha. Os afiliados/as terán preferencia. O pago farase o día de comezo das xornadas, o 15 de novembro de 17 a 18 horas.

Prezo matrícula: normal 50 €; parados/as: 30 €; afiliados CIG-ENSINO e socios AS-PG: 12€.

Engadir ao meu Google Calendar
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez