17 Abr 2012

Presentación do libro: "José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela" de Dionísio Pereira

O luns día 16 de abril, o investigador e economista Dionisio Pereira presenta o seu último libro: José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, editado pola Fundación 10 de Marzo.

A presentación contará coa presenza do autor que estará acompañado polo profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces' para impartir a conferencia: “José Pasín Romero, O Asociacionismo obreiro en Compostela”.

O acto, organizado polo Ateneo de Santiago de Compostela,  terá lugar na Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela) ás 20.00 horas

Engadir ao meu Google Calendar
17 de abril de 2012  |  ás 20.00 horas  |  Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez