28 Feb 2012

Presentación da investigación 'Xeografía da represión en Galicia (1936-1939)' no Museo MARCO de Vigo

O vindeiro martes 28 de febreiro ás 19.30 horas, o Proxecto Interuniversitario ‘Nomes e Voces’ falará no Museo MARCO de Vigo sobre a Xeografía da represión en Galicia, entre os anos 1936 e 1939. No acto participarán Lourenzo Fernández Prieto, Dionisio Pereira e Chus Martínez Domínguez

Presentación da Xeografía da represión en Galicia (1936-1939) no centro MARCO de Vigo

A cargo de:

Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto "Nomes e Voces"

Dionísio Pereira, Investigador e Coordinador do Proxecto "Nomes e Voces"

Chus Martínez Domínguez, Responsable de relacións externas do Proxecto "Nomes e Voces" e contidos da Web: http://nomesevoces.net

Organiza:

Asociación Viguesa pola memoria histórica do 36

Engadir ao meu Google Calendar
28 de febreiro  |  ás 19.30h  |  MARCO, Príncipe 54, 36202 Vigo
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia