22 Feb 2013

Lourenzo Fernández Prieto participa na homenaxe ao Profesor Julio Aróstegui (1939-2013) coa presentación do libro "Largo Caballero. El tesón y la quimera"

Presentación do libro "Largo Caballero. El tesón y la quimera". Homenaxe ao seu autor Julio Aróstegui (1939-2013)

Presentación do libro "Largo Caballero. El tesón y la quimera". Homenaxe ao seu autor Julio Aróstegui (1939-2013)

O acto, presentado por Jesús Mosquera, Presidente da Fundación Luis Tilve, contará coa participación do Profesor da USC Lourenzo Fernández Prieto e Jorge Marco, colaborador do Profesor Aróstegui na Cátedra Memoria Histórica do século XX na UCM.

Julio Aróstegui (Granada 1939 - Madrid 2013) foi catedrático emérito de Historia Contemporánea na Universidade Complutense de Madrid e director da Cátedra "Memoria Histórica del Siglo XX". Entre os seus traballos destacaron as aportacións relacionadas coa violencia política na Historia contemporánea española, a guerra civil, o carlismo, o movemento obreiro, os conflitos traumáticos e a memoria colectiva.

Engadir ao meu Google Calendar
22 de febreiro de 2013  |  ás 20.00 horas  |  Museo Casares Quiroga, Panaderas, 12. A Coruña.
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez