Libro-CD-DVD que recolle a homenaxe dedicada aos nove veciños do Val Miñor, asasinados en 1936 na saída de Baiona cara Baredo. O libro é un proxecto coral coordinado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Comisión de Familiares, promoveu a realización dunha homenaxe a través das artes visuais e musicais. Así instalouse unha árbore escultórica no lugar dos feitos, obra de Fernando Casás, ademais da participación de nove pintores, nove fotógrafos e nove voces poéticas.
Instituto de Estudos Miñoranos (coord.) | Vigo | 88 páxinas |
2007