Sementeira e Memoria. Represalia e desagravio dun médico lucense republicano

Sementeira e Memoria. Represalia e desagravio dun médico lucense republicano

Manuel Díaz González nacido no Incio en 1886, despois de estudar a carreira de Medicina na Universidade de Santiago entre 1906 e 1914, exerceu a profesión de médico municipal no seu concello natal, do que tamén foi elixido alcalde e, máis tarde. deputado provincial por Lugo.

Fiel partidario da II República e de tendencia galeguista militou no Partido Republicano Galego e en Izquierda Republicana e ao producirse o levantamento militar de 1936, el e toda a súa familia foron ferozmente perseguidos ata que o 11 de setembro dese ano, o médico Manuel Díaz González foi asasinado e tivo que ser furtivamente enterrado nunha improvisada fosa próxima ao cemiterio do Incio. [Editorial]

José Luis Díaz Gómez  |  Santiago de Compostela  |  Edicios do Castro  |  112 páxinas  |  2010
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez