"Chegamos en 2010 aos cen anos do nacemento de Oliveira, compañeiro pescador que deixou unha fonda pegada entre todos os que o coñecemos e tivemos a ocasión de traballar con él.
Oliveira viviu no 36, cando os reaccionarios se levantaron en armas contra o soño dunha República igualitaria, dun mundo máis xusto, máis solidario, máis feliz. El foicontemporáneo da Guerra Civil española, e sempre lembrou ese episodio no que tantas ilusións morreron baixo as armas.
Os que aínda non naceramos teremos sempre que agradecerlles a súa loita por reconquistar a liberdade truncada polos bombardeos fascistas. Pero Xosé foi sobre todo un home de mar, como demostran as súas 6 voltas ao mundo a bordo do Juan Sebastián Elcano entre os anos 28 e 34, e que fose o primeiro capitán do buque oceanográfico Cornide Saavedra. Foi mestre da principal materia do mar, desa que se chama vocación.
E tamén foi mestre incombustible na tarefa inxente de construír esta profesión, de unir ilusións das que participamos miles de compañeiros." [Editorial]
José Oliveira Avendaño | Cangas do Morrazo | A Cepa | 135 páxinas |
2010