O extraordinario esforzo persoal realizado polas mulleres máis conscientes durante a II República, moitas delas afiliadas a asociacións progresistas, partidos de esquerda ou sindicatos de clase, foi paralelo aos avances sociais que potenciaron a súa presenza na vida pública e a afirmación do dereito ao traballo fóra do fogar, así como a ampliación da súa liberdade e dos seus dereitos de cidadanía.
Entrar na exposiciónNatural de Madrid.
Esta funcionaria de 31 anos era a muller do Gobernador Civil da Coruña, Francisco Pérez Carballo.
Tras o leventamento militar estivo agochada en Culleredo, detida e logo posta en liberdade. Foi paseada nun traslado da Garda Civil o 18 de agosto de 1936, aparecendo o seu cadáver no monte da Gándara, estrada Madrid-A Coruña, a 1 km de Rábade.
A súa morte rexistrada a causa de disparo de arma de fogo peito e cabeza.
Natural de Cee (A Coruña).
Mestra de 29 anos, era esposa de Francisco Mazariegos, da UGT coruñesa.
Foi morta o 19 de novembro de 1936. A súa morte rexistrouse por disparos de arma de fogo.
O seu cadáver apareceu no Pozo da Ponte Castellana en Aranga.
Mestra socialista Afiliada á UGT. Fundadora e directiva da Agrupación Socialista, participara na Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Hispano-Americanas, sendo fundadora do subcomité coruñés desa entidade. Morta o 19 de agosto de 1936, foi acusada entre outras cousas de postular a escola laica e o amor libre, así como de enterrar á súa nai sen rito católico. A súa morte foi rexistrada a causa de feridas de bala en Pontedeume. Inscrita no rexistro de defuncións o 4 de decembro de 1936.
Natural da Coruña.
Mestra e activa militante do galeguismo e do republicanismo, en 1918 foi Secretaria da Xunta Directiva nas Irmandades da Fala da Coruña, e colaborou tamén no seu Cadro de Declamación.
Foi membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e foi presidenta da primeira Xunta Directiva.
Tras o levantamento militar de 1936 pasa uns meses no cárcere e é separada definitivamente do ensino público.
Natural de Curtis (A Coruña).
Funcionaria de Facenda xulgada en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.
O seu marido, o músico Manuel Calvelo López, foi executado.
É autora de Testimonio de la guerra civil.
Natural de Redondela (Pontevedra).
Profesora e directora da Escola Normal.
Suspendida de emprego e soldo, inhabilitada. No ano 1939 foi revisado o seu expediente e trasladada fóra da provincia.
Natural de Tui (Pontevedra), nacida en 1908.
Mestra xulgada en Vigo por rebelión co resultado de sentencia a pena de morte.
A súa pena foi conmutada a cadea perpetua, e posteriormente a 6 anos 1 día en marzo de 1944.
Libertaria ferrolá do grupo feminino “La Antorcha” que a comezos do XX lanzara o manifesto “A las mujeres”, foi emigrante en Barakaldo.
O seu fillo Vicente Couce, tamén anarquista, foi asasinado en 1936 en Ferrol.
Natural de Viveiro (Lugo).
Traballadora na casa, foi xulgada en A Coruña por rebelión co resultado de prisión 12 anos e 1 día en decembro de 1937.
Natural das Atochas, A Coruña.
Obreira e afiliada á CNT, Sección de empacadoras do "Sindicato de Industrias pesqueras".
Xulgada na Coruña por rebelión co resultado de prisión 20 anos o 16 de novembro de 1938.
Natural de Aragón, Sebastiana Vitales foi unha sinalada militante libertaria.
Pertenceu á Vangarda Feminina da FAI e fundou "Mujeres Libres" na Coruña.
Era compañeira de Francisco Ballón Pequeño.
Foi detida e posteriormente agochada, até que en 1954 emigra a Venezuela.
Natural de Miño (A Coruña).
Labrega xulgada en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentencia prisión 6 anos e 1 día.
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Labrega afiliada á CNT.
Foi torturada e fusilada o 19 de marzo do 1937, por agochar na súa casa a Urbano Tarrío.
Rexistrada como executada por estar incursa nos bandos de guerra.
Natural de Amoeiro (Ourense). A súa morte o 28 de xuño de 1937, foi rexistrada a causa de 2 disparos na testa. O lugar de aparición do cadáver foi a estrada de Tamallanco a Amoeiro, en Vilamarín.
Veciña de Barrosas, As Pontes de García Rodríguez, esta muller de 59 anos atopou a morte o 5 de setembro de 1936, sendo rexistrada en As Pontes.
Natural de Redondela (Pontevedra). Labrega morta o 16 de febreiro de 1937. Rexistrada a causa de feridas producidas por proxectil de arma de fogo. O lugar de aparición do cadáver foi o Alto da Encarnación na Estrada de Redondela a Vigo (Chapela-Redondela).
Asasinada en Candedo (Ourol) en 1938, canda a súa irmá María Josefa e a súa filla Encarnación.
Asasinada en Candedo (Ourol) en 1938, canda a súa irmá Felicitas e a súa sobriña Encarnación.
Natural de Rubiá (Ourense). Muller de 30 anos e traballadora na casa, foi morta o 23 de outubro de 1939. Rexistrada como morte na casa a causa de "aforcamento".
Natural de Rubiá (Ourense). Muller de 60 anos e traballadora na casa, foi morta o 23 de outubro de 1939. Rexistrada como morte na casa a causa de "aforcamento".
Natural de Cangas (Pontevedra). De profesión atadora e afiliada á CNT, é dirixente de "La Reivindicadora". O 11 de agosto de 1936 é detida e sobrevive a un "paseo" do cal resulta ferida. Foi xulgada en Pontevedra por rebelión co resultado de sentencia a prisión 12 anos 1 día, e posteriormente conmutada o 23 de agosto de 1942.
Natural de Marín (Pontevedra). Lavandeira morta o 18 de agosto de 1936. A súa morte foi rexistrada a causa de "ferida no corazón". O seu cadáver aparece no Pozo da Revolta-Mogor-Marín.
Natural de Viana do Bolo (Ourense). Labrega comunista de San Mamede de Viana, o 21 de agosto de 1936 foi aldraxada, violada, golpeada e morte a causa de "fractura e destrución da masa cerebral" no camiño da Gudiña a Viana (lugar das Reverdeitas). Incautados os seus bens.
Natural de Ourense. Traballadora na casa morta o 29 de outubro de 1937.
Morte rexistrada a causa de destrozo cerebral por fusilamento. O lugar de aparición do cadáver foi Lomba de Lamas (Xinzo de Limia)
Natural de Ourense. Traballadora na casa paseada o 29 de outubro de 1937.
Morte rexistrada a causa de destrozo cerebral por fusilamento. O lugar de aparición do cadáver foi Lomba de Lamas (Xinzo de Limia).
Morte rexistrada a causa de "órdenes militares". Lugar de aparición do cadáver: Montecubeiro-Castroverde.
Natural de Castroverde (Lugo).
Manuela traballaba na casa.
Foi asasinada o 14 de outubro de 1937. Rexistrada a causa de "ordes militares".
O lugar de aparición do cadáver foi Montecubeiro (Castroverde)
Natural de Castroverde (Lugo).
De profesión costureira, esta muller de 42 anos foi morta o 23 de agosto de 1937, e rexistrada a causa de "ordes militares". O lugar de aparición do cadáver foi Montecubeiro (Castroverde).
Natural de Mugardos (A Coruña).
Afiliada ao PCE e xulgada en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executada no castelo de San Felipe-Ferrol o 27 de xaneiro de 1938.
Natural de Asturias. Vendedora de xornais en Monforte de Lemos, casada con catro fillos, foi detida e rapada en 1936 polas súas ideas esquerdistas, pero logo foi encarcerada e xulgada en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Foi executada o día 13 de maio de 1938 ás 6 horas nas tapias do cuartel de Lugo.
Natural de Curtis (A Coruña).
Funcionaria de Facenda xulgada en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.
O seu marido, o músico Manuel Calvelo López, foi executado.
É autora de Testimonio de la guerra civil.
Natural de Tui (Pontevedra), nacida en 1908.
Mestra xulgada en Vigo por rebelión co resultado de sentencia a pena de morte.
A súa pena foi conmutada a cadea perpetua, e posteriormente a 6 anos 1 día en marzo de 1944.
Natural de Aragón, Sebastiana Vitales foi unha sinalada militante libertaria.
Pertenceu á Vangarda Feminina da FAI e fundou "Mujeres Libres" na Coruña.
Era compañeira de Francisco Ballón Pequeño.
Foi detida e posteriormente agochada, até que en 1954 emigra a Venezuela.
Margarita Bilbatúa Zubeldía, irmá de Antonio e Demetrio, dirixentes da Frente Popular fusilados o 27 de agosto de 1936 en Pereiró (Vigo), que conseguiu fuxir a Francia, onde estivo internada nun campo de concentración.
Esposa do mestre fusilado Víctor Fráiz Villanueva e nai de Víctor Fráiz Castellanos, tamén asasinado.
María de los Dolores Miramontes Matos (Bergondo- A Coruña, 1895) dedícase á costura, ademais de participar activamente na política en prol do Estatuto de Galicia e o partido galeguista. En 1920 casa con Ánxel Casal, asasinado en Cacheiras en agosto de 1936. Comeza así, para María, unha etapa de exilio en Bos Aires.
Natural da Coruña.
Tras a morte do seu esposo, o pintor fusilado Francisco de Miguel, marcha a México nun exilio do que nunca regresará. Como testemuño da represión en Galicia despois do levantamento militar de 1936, deixou escritos varios Diarios.
Natural da Coruña.
Filla de Santiago Casares Quiroga, ministro na República e Xefe de Goberno con Azaña. Actriz de profesión, tras o estourido da guerra civil exiliouse coa súa nai a París.
Natural de Barcelona. Mercedes Núñez afíliase de nova ás Xuventudes Socialistas e no 1936, ano da súa creación, ao PSUC. En 1939 detéñena na rúa Real da Coruña, pasa polo cárcere de Betanzos e A Coruña até ingresar no madrileño penal de Ventas o 7 de marzo de 1940. Sae en liberdade o 19 de xaneiro de 1942 e convértese en enlace da resistencia até que é novamente detida e levada ao campo de concentración de Ravensbrück.
Naceu en Ourense. A súa familia sufriu unha brutal represión por dar acubillo a fuxidos, padecendo a morte do pai e diversos maltratos e encarceramentos dende 1936.
Os seus irmáns Ángel e Julio foron procesados e absoltos en 1937.
Convivía co guerrilleiro Antonio Seoane Sánchez, que foi executado co garrote vil na Coruña en 1948 xunto co seu camarada José Gómez Gayoso.

Consuelo “Chelo” Rodríguez López pertence a unha familia republicana da que catro irmáns morrerón na guerrilla antifranquista e os pais foron asasinados en 1936.
Chelo actuou como enlace da federación de guerrillas de León-Galicia e por esta actividade foi detida en varias ocasións e pasou polos cárceres do Barco, Ponferrada e León. Exiliouse a Francia en 1949, instalándose en París co seu compañeiro Marino Montes, tamén combatente da guerrilla antifranquista.
Antonia era irmá de Consuelo -“Chelo”- Rodríguez López, pertencentes a unha familia republicana da que catro irmáns morrerón na guerrilla antifranquista e os pais foron asasinados en 1936.
Natural de Vigo. Filla dos militantes comunistas Ángel Nogueira e Carmen Miguel quen, intentando escapar da represión franquista no Bou Eva deciden, xunto cos seus compañeiros, suicidarse antes de ser asasinados polos seus perseguidores.
Concha emigrou a Venezuela, onde participou en actividades da colectividade galega. Á súa volta a Galicia en 1970, integrase na loita antifranquista a través do Movemento de Mulleres Democráticas.
Na actualidade é Secretaria da Asociación Viguesa Pola Memoria do 36.
Natural de Ordes.
Estudante de maxisterio en 1931 en Compostela, coñece o que será o seu marido, o comunista Francisco Comesaña, que a comezos da guerra civil é detido, xulgado en consello de guerra e sentenciado a morte. Salvado de ser fusilado polo seu pasaporte cubano, foi condenado a cadea perpetua.
Choncha casou por poderes en 1941, e tras conseguir a liberdade do seu marido en 1944, exílianse a Cuba e logo a México. Alí, formou parte da Asociación de Mujeres Españolas Mariana Pineda e participou en actividades do Padroado da Cultura Galega.
Regresou a Tui tras a morte de Franco, 1975.
A Coruña, 1932.
É filla de Esther Casares Quiroga e Enrique Varela. Seu pai é á súa vez axudante militar de Santiago Casares Quiroga, avó de María Esther. Debido ao traballo do seu pai e seu avó, pasa longas tempadas en diferentes cidades do Estado, e volve á Coruña polo verán.
O golpe de Estado cóllea a ela e á súa nai de vacacións en Miño. A Esther Casares lévana presa a Ferrol e logo á Coruña. Nai e filla vivirán na cidade herculina vixiadas polas autoridades franquistas e sen práctica relación coa sociedade local.
Despois de varios intentos, ao cabo logran marchar ao exilio mexicano en 1995, onde Esther Varela fará unha nova vida.
Esposa do republicano Elpidio Villaverde e nai de María Victoria e Rosina Villaverde Otero, a primeira delas autora de Tres tiempos y la esperanza co apelido do seu marido, o escritor exiliado Ramón de Valenzuela
Natural de Vilaboa (Culleredo).
Esposa do xornalista, político republicano e masón César Alvajar Diéguez, tivo cinco fillos (Amparo, Ana María, Francisco Javier, María Teresa e Agustín).
Politicamente pertenceu ao Partido Galeguista converténdose na primeira muller na Coruña en militar nesa organización.
Desenvolveu unha importante labor na Agrupación Republicana Feminina da Coruña, fundada o 13 de abril de 1933, da que foi primeiro secretaria e, dende finais dese ano ata 1936, presidenta.
Natural da Coruña.
Filla de mariñeiros, pasa a súa adolescencia na cidade herculina até que en 1934 marcha con toda a familia a Barcelona. Con 17 anos afíliase ao Sindicato da Madeira e Decoración da CNT.
Despois do golpe de estado de xullo de 1936 participa de forma activa na defensa da legalidade republicana, formando parte do Comité de Defensa da cidade. Coa derrota da República fuxiu ao exilio en 1939.
En 1948 foi detida en Barcelona e, tras varios anos presa, volve exiliarse en París, onde se xubila.
Natural da Estrada (Pontevedra).
Filla do avogado e deputado Camilo pereira Freigenedo, casou con Castelao en 1912. Tras a sublevación militar viviu no exilio ata 1965, cando se asenta definitivamente en Galicia.
Muller do xurista Manuel García Pelayo, que casa con Mercedes tras ser liberado de campos de concentración hasta 1941.
En 1951 emigran a Arxentina, comezando a exercer de avogado mentres daba clases de Dereito na Universidad de Bos Aires.
Irmá do poeta Luís Pimentel.
Natural de Malpartida de Plasencia (Cáceres).
Inspectora de Ensino Primario e escritora.
Xunto ao seu esposo o escritor Rafael Dieste, o sublevamento militar colleuna en Madrid, iniciando numerosos traslados por España e Europa.
Natural de Viveiro (Lugo).
Pintora vangardista que a partir de 1936 refuxiase en Portugal, para pouco tempo despois trasladarse a Bos Aires, onde seguiu pintando e dando clases.
Natural de Santiago de Compostela.
Cantante lírica que en 1941 parte cara a América xunto co seu marido o médico Virgilio Garrido. Estiveron nun campo de concentración en Marrocos desde onde chegaron a Uruguai.
No exilio compaxinou o labor docente, como profesora de canto.
Natural de Cuba.
Filla dun emigrante galego a Cuba, voltou de nena a Ferrol, fixo a carreira de maxisterio e casou co mestre represaliado de Magán (Cuntis), José Vieitez de Soto. Mentres o home estivo preso ela e a súa filla Ana Viéitez Gómez sobrevivirón coas clases que impartía. En 1948 marchan as dúas a México.
Natural de A Coruña. Esposa do pintor Luís Seoane, viviu xunto a el no exilio en Bos Aires.
Natural da Coruña.
Filla de Santiago Casares Quiroga, ministro na República e Xefe de Goberno con Azaña. Actriz de profesión, tras o estourido da guerra civil exiliouse coa súa nai a París.
Natural de Vigo (Pontevedra).
Morta o 23 de abril de 1937 como consecuencia dun suicidio por disparo na tempa nunha situación de acoso e acurralamento no bou "Eva".
Natural de Tui (Pontevedra).
Chamada “A Protestante”, foi paseada, estando embarazada, co seu marido José Niebla García na Capela da Guía-Teis-Vigo o 11 de abril de 1937, tras o asalto da súa casa no barrio do Toural en Teis (Vigo).
Os seus dous fillos foron separados para sempre, a súa vivenda saqueada e os seus bens queimados, incautándoselles unha máquina de coser.
Natural de Vigo (Pontevedra).
Xornaleira de 35 anos baleada o 17 de marzo de 1937 xunto a numerosos parentes.
Naceu en Ourense. A súa familia sufriu unha brutal represión por dar acubillo a fuxidos, padecendo a morte do pai e diversos maltratos e encarceramentos dende 1936.
Os seus irmáns Ángel e Julio foron procesados e absoltos en 1937.
Convivía co guerrilleiro Antonio Seoane Sánchez, que foi executado co garrote vil na Coruña en 1948 xunto co seu camarada José Gómez Gayoso.
Naceu en Ourense. A súa familia sufriu unha brutal represión por dar acubillo a fuxidos, padecendo a morte do pai e diversos maltratos e encarceramentos dende 1936.
Os seus irmáns Ángel e Julio foron procesados e absoltos en 1937.
Natural de Viana do Bolo (Ourense). Labrega comunista de San Mamede de Viana, o 21 de agosto de 1936 foi aldraxada, violada, golpeada e morte a causa de "fractura e destrución da masa cerebral" no camiño da Gudiña a Viana (lugar das Reverdeitas). Incautados os seus bens.
Natural de Asturias. Vendedora de xornais en Monforte de Lemos, casada con catro fillos, foi detida e rapada en 1936 polas súas ideas esquerdistas, pero logo foi encarcerada e xulgada en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Foi executada o día 13 de maio de 1938 ás 6 horas nas tapias do cuartel de Lugo.
Natural de Alcabre (Vigo).
Peregrina foi rapada, o seus tíos Emilio Comesaña Sobreira e Florentino Costas Pereira, paseados.
Veciña de Vigo.
Tiña 16 anos e traballaba como vendedora de xornais no portal da sociedade "El Gimnasio".
Socialista fuxida o 3 setembro de 1936 é detida, torturada e asasinada nun cuartel de Falanxe. O seu corpo é fondeado na ría de Vigo, á altura das Illas Cíes.
Natural de Cangas (Pontevedra). Esta muller de 28 anos, filla de Alejandro Rodal Monroy e Benigna Fernández, foi detida en Pontevedra. Estivo presa no cárcere de Pontevedra e foi rapada.
Foi rapada e matáronlle dous fillos, José e Antonio, como consecuencia da fuxida do seu home Manolo Carolo.
Natural de Curtis (A Coruña).
Funcionaria de Facenda xulgada en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.
O seu marido, o músico Manuel Calvelo López, foi executado.
É autora de Testimonio de la guerra civil.
Natural de Vigo (Pontevedra). Directiva da "Agrupación de Mujeres contra la Guerra y el Fascismo" de Vigo. Filla do pensador anarquista e promotor do servizo de tranvías en Vigo, Ricardo Mella. En 1936 foi detida e xulgada en Vigo por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte xunto ao seu marido, o socialista e directivo tranviario Humberto Solleiro, quen foi fusilado deixando catro fillos. Tras longos anos de cárcere en Vigo e Saturrarán, Urania estableceuse precariamente en Lugo, onde faleceu en 1945.
Veciña da Cañiza (Pontevedra).
Alcaldesa republicana xulgada en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Esta sentenza foi suspendida temporalmente por embarazo e, posteriormente, conmutada por cadea perpetua.
Natural de Barcelona. Mercedes Núñez afíliase de nova ás Xuventudes Socialistas e no 1936, ano da súa creación, ao PSUC. En 1939 detéñena na rúa Real da Coruña, pasa polo cárcere de Betanzos e A Coruña até ingresar no madrileño penal de Ventas o 7 de marzo de 1940. Sae en liberdade o 19 de xaneiro de 1942 e convértese en enlace da resistencia até que é novamente detida e levada ao campo de concentración de Ravensbrück.
Natural de Sandiás (Ourense). Sofre malleiras e é detida e encadeada sen procesamento xudicial. Estivo no cárcere en Ourense e Madrid, o seu home foi fuxido, os fillos guerrilleiros e a un deles, Perfecto de Dios, asasinárono.
Natural de Castroverde (Lugo). Comunista coñecida como María Dolores ou Pasionaria Lucense,a quen se conmutou a pena de morte á que fora condenada, pola de décadas de prisión.
Naceu en Ourense. A súa familia sufriu unha brutal represión por dar acubillo a fuxidos, padecendo a morte do pai e diversos maltratos e encarceramentos dende 1936.
Os seus irmáns Ángel e Julio foron procesados e absoltos en 1937.
Convivía co guerrilleiro Antonio Seoane Sánchez, que foi executado co garrote vil na Coruña en 1948 xunto co seu camarada José Gómez Gayoso.
Conviviu clandestinamente co último guerrilleiro da posguerra, José Castro Veiga “O Piloto”, ata o abatemento deste en 1965, no contorno do embalse do Belesar, en San Fiz (Chantada).
Botouse ao monte xunto con tres fillos e unha filla ao redor de 1946 e converteuse en fuxida. Participou nas accións de resistencia antifranquista na zona de Monforte, comandadas por José Castro Veiga “O Piloto”.
Natural de San Miguel de Cervantes (Lugo). Filla da guerrilleira Consuelo Alba Digón.
Natural de San Miguel de Cervantes (Lugo).
Filla da guerrilleira Consuelo Alba Digón, foi detida en novembro do 1939 coa súa nei e levada ao campo de concentración de Figueres.
Natural de Mugardos.
Chegou a ser comisaria política dun destacamento da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro.
Veciña de Mugardos. Foi encadeada polo seu vencellamento á guerrilla antifranquista.
Irmá das guerrilleiras María Remedios Gallego Abeledo, Marita, e Josefina Gallego Abeledo.
Natural de Aragón, Sebastiana Vitales foi unha sinalada militante libertaria.
Pertenceu á Vangarda Feminina da FAI e fundou "Mujeres Libres" na Coruña.
Era compañeira de Francisco Ballón Pequeño.
Foi detida e posteriormente agochada, até que en 1954 emigra a Venezuela.
Foi rapada e matáronlle dous fillos, José e Antonio, como consecuencia da fuxida do seu home Manolo Carolo.
Os seus cinco fillos varóns, froito do matrimonio con Manuel Liste, foron represaliados: Constante Liste Forján (asasinado), Eduardo Liste Forján (Fuxido), Xesús Liste Forján (fuxido e exiliado), máis coñecido como Enrique Lister, Faustino Liste Forján (Asesinado) e Manuel Liste Forján (fuxido).
Filla do líder anarquista José Villaverde Velo, asasinado en 1936.