Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de O Grove

A CRMH-O Grove naceu coa intención e obxectivos de recuperar toda a documentación e información oral que aínda se poida recuperar sobre as persoas asesiñadas e encadeadas de O Grove polo franquismo, co obxectivo de dalas a coñecer e honrar a súa memoria.

Xoan Anxo Caneda González, Cordinador da Comisión

Enderezo: Sol, 18 36980 O Grove

Teléfono(s): 986732007 669658151

E-mail: jacaneda@wanadoo.es

Email: jacaneda@wanadoo.es

 

Noticias desta asociación

A Asociación pola Memoria Histórica do Grove organiza un ano máis os `Actos pola República´

A Asociación da Memoria Histórica do Grove vén de programar un conxunto de actividades que se celebrarán os días 11 e 12 de abril. Para a primeira destas `Xornadas pola República´, os organizadores teñen prevista unha Mesa redonda sobre a guerrilla antifranquista (os maquis) no Cine O Mariño ás 20 horas. Será presentada por Xosé Avelino Ochoa Gondar, Vicepresidente da AMH O Grove, intervindo Victor Santidrián, doutor en historia, director da Fundación 10 de Marzo de CCOO, especialista na historia do Partido Comunista, Aurora Marco, catedrática da USC, quen falará sobre o papel das mulleres na guerrilla antifranquista, e Antón Mascato.

A continuación proxectarase o documental histórico "Bandoleiros ou Guerrilleiros", de José A. Sanmartín, quen tenta dar unha imaxe dos guerrilleiros galegos dende o punto de vista político, social, humano e cultural: A historia real da vida e morte dalgúns guerrilleiros galegos como: Manuel Ponte, Enriqueta Otero, Foucellas, O Piloto, etc. .

O sábado día 12, a partir das 21:30 horas e no Restaurante Mar do Norte, situado en Lampans (San Vicente) a asociación celebrará a II Cea conmemorativa da II República. Despois da comida, o grupo Mister Misty Jazz Quartet ofrecerá un concerto.

· Máis información >>

8 de mes_04 de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez